Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

Pilar Santos Deza - Pescados Toñita, Praza de Abastos de Portonovo

Pili - Historias de loitadoras

 


17-06-2022. Pilar Santos Deza traballa en Pescados Toñita, un posto localizado na Praza de Abastos de Portonovo (Pontevedra).

 

- Ben, Pili, cóntanos cousas sobre o teu traballo, comezaches ti unha aventura empresarial ou estás contratada?  é un posto no mercado con tradición familiar?

No meu caso estou contratada e levo xa tres anos neste traballo. Ese posto leva na praza máis de 35 años, xa estaba en la lonxa vella. Aquí en Portonovo coñecémonos todos, precisamente eu son veciña dos donos do posto.

 

- Qué tipo de produtos se venden no teu posto?

Vendemos peixe e marisco, especialmente da zona de Portonovo e da zona de Vigo.

 

- Tes unha clientela habitual ou varia moito o seu perfil?

A nosa clientela é a de sempre, vaise engadindo loxicamente algunha nova pero a de sempre permañece aí. Podemos dicir que é unha clientela bastante fiel.

 

- Facedes algún tipo de promoción ou de campaña de márketing?

A fidelización pasa normalmente por ter un trato moi próximo co cliente, case como o que terías ca túa familia, sabes que ao día seguinte vas a volver a ver a esa xente. A nos gústanos dar consellos sobre como preparar o peixe, pero en moitas ocasións son os propios clientes os que nos din a nós como preparan eles os produtos.

 

- Fálanos do teu día a día, como é unha xornada de traballo de Pili?

Pois nestes intres é unha xornada bastante intensa... Agora mesmo estou eu soa na bancada, baixo ás sete e media á lonxa, preparamos o peixe para repartir en 3 furgonetas, eu chego á praza sobre as oito e media e en media hora preparo a bancada co xeo e co peixe ordenado e presentado para a venda. Estou na praza ata as tres e cuarto da tarde.

 

- O feito de ser muller, en moitos casos supón un esforzo adicional a varios niveis: a conciliación familiar, os estereotipos, malas contestacións, acceso a formación...., cres que no teu caso o feito de ser muller condicionou nalgún momento ou dalgunha maneira a túa actividade?

Non no meu caso, ademais, afortunadamente, a efectos de conciliación no meu traballo síntome completamente respaldada polo meu xefe.

 

- Partimos da premisa de que os produtos que se venden nas prazas de abastos son polo xeral de máxima frescura, cun trato personalizado e en moitas ocasións incluso máis baratos do que podemos atopalos noutros puntos de venda, ainda así, parece evidente que os ferfís de consumidores máis novos non acoden ás prazas. De qué maneira crees que podemos animar as visitas e o consumo da xente máis nova nas Prazas de Abastos?

É verdade, coincido que a mocidade non ven á praza, vai directamente ás grandes superficies. Non sei de que maneira se pode incentivar as visitas pero curiosamente fai un par de meses realizouse na praza un showcooking e aí puidemos ver algo de xuventude. Quizais realizar actos para que coñezan polo menos a nosa actividade e os nosos produtos poida ser un comezo.

 

 

#historiasdeloitadoras

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

COMPARTIR