Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

Sheila Reiriz - Peixes Sheila, Praza de Abastos de Bueu

Sheila - Historias de loitadoras

 


10-03-2022. Sheila Reiriz ten 30 anos e traballa en Peixes Sheila, un posto localizado na Praza de Abastos de Bueu (Pontevedra).

 

- Bo día, Sheila, cóntanos cousas sobre o teu traballo, comezaches ti unha aventura empresarial ou o teu posto ten tradición familiar?

O meu posto na praza ten tradición familiar, eu son a terceira xeración que traballa na praza, e na actualidade 5 familiares traballamos nela como praceiros. No meu caso lembro que todo comezou nos veráns cando eu era pequena, cando de xeito informal axudaba á miña aboa no posto, que foi a que comezou a tradición de ser praceira. Fai uns cinco anos xurdiu a oportunidade de convertirme titular e aquí estou.

 

- Pensas que o teu posto vai a ter tamén nun futuro un relevo xeracional?

Gustaríame que non se perdera, teño un bebé de so oito meses polo que haberá que esperar algo máis de tempo para ver a súa decisión (risas).

 

- Que tipo de produtos vendes no teu posto?

Peixe da nosa flota de baixura, todo o produto que vendo procede de barcos que saen a pescar e regresan a porto o mesmo día.

 

- Tes unha clientela habitual ou varia moito o seu perfil?

Bueu é un pobo no que recoñeces pola rúa ao 90% das persoas, no que a xente se chama polo nome. Estes veciños reparten a súa compra diaria entre os distintos praceiros, polo que adoita ser unha clientela bastante habitual e próxima.

 

- Fas algún tipo de promoción ou de campaña de márketing?

As promocións nas que participo sempre son a nivel colectivo de toda a praza.

 

- Fálanos do teu día a día, como é unha xornada de traballo de Sheila?

Pois comezando moi moi cedo..., saio da casa arredor das 3:30am e vou ata a lonxa de Vigo, merco o peixe e diríxome a Bueu onde comezamos a venda ás 8 da mañá. Por causa de ser nai recentemente, so traballo polas mañás, aínda que a nosa praza abre mañás e tardes. Domingos e luns descanso.

 

- O feito de ser muller, en moitos casos supón unha loita adicional a varios niveis: a conciliación familiar, os estereotipos, o acceso a formación...., cres que no teu caso este feito condicionou de algunha maneira a túa actividade?

No meu caso penso que o máis complicado é a conciliación familiar. É difícil ter que traballar e ao mesmo tempo exercer de nai, por horarios, quendas... Ao ser autónoma atópaste pouco respaldada e todo se reduce a que se non vas a traballar por calquera motivo, non xeras ingresos. Afortunadamente teño familia que me axuda neste senso para poder conciliar mellor.

 

- De que maneira crees que podemos animar as visitas e o consumo da xente nova nas Prazas de Abastos?

Nestes últimos anos as titulares dos postos da praza tiveron bastante renovación xeracional. Vexo máis complexa a renovación dos compradores, na súa maioría de perfil adulto. Dame a impresión de que a xente nova non consume o produto que vendemos e "tiran" máis de opcións de supermercado, quizais por pereza ou descoñecemento xa que non hai nin mellor produto, nin máis fresco que o que se vende na praza de abastos.

 

 

#historiasdeloitadoras

 

COMPARTIR