Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

Tamara Outeda - O Ghato Lambón, Praza de Abastos de O Grove

Tamara - Historias de loitadoras

 


16-03-2022. Tamara Outeda ten 33 anos e traballa en O Ghato Lambón, un posto localizado na Praza de Abastos de O Grove (Pontevedra).

 

- Bo día, Tamara, cóntanos cousas sobre o teu traballo, comezaches ti unha aventura empresarial ou o teu negocio ten tradición familiar?

Foi un negocio totalmente novo, consiste nun establecemento de hostalaría con cociña de mercado. A nosa característica principal é que cociñamos o produto que os clientes mercan na propia praza. Estamos dentro da propia praza pero contamos cunha saída con terraza ao exterior da mesma. Ainda que comecei eu soa, actualmente estou traballando con meu pai.

 

- Pensas que o teu posto vai a ter nun futuro un relevo xeracional?

Polo momento é moi cedo para pensar niso, espero seguir eu por moitos anos, pero de calquera maneira coido que é un negocio con futuro.

 

- Qué tipo de servizos ofrecedes en O Ghato Lambón?

Damos servizo como calquera local de hostalaría dando tapas e racións, pero a maiores ofrecemos servizo de cocedeiro.

 

- Tes unha clientela habitual ou varia moito o seu perfil?

Un pouco de todo, combinamos clientes de sempre, da vila, con xente de fora, especialmente na tempada de verán con turistas que veñen a visitar a praza.

 

- Fas algún tipo de promoción ou de campaña de márketing?

A nivel individual non facemos campañas ou promocións, participamos a nivel colectivo cando a Asociación organiza algunha. Certo é que no noso caso, ao ter un servizo que se complementa perfectamente co resto dos postos da praza, son as propias praceiras as que nos recomendan aos seus clientes, moitos incluso veñen e traen o marisco para cocer e gardar.

 

- Fálanos do teu día a día, como é unha xornada de traballo de Tamara?

Nós traballamos de martes a sábado, o cal xa é algo positivo se falamos de hostalaría..., abrimos ás 8 da mañá co resto da praza e pechamos ás 18h, certo é que a praza pecha ao público ás 14:30h, pero desde ese momento ata o peche funcionamos como unha tapería normal.

 

- O feito de ser muller, en moitos casos supón un esforzo adicional a varios niveis: a conciliación familiar, os estereotipos, malas contestacións, acceso a formación...., cres que no teu caso o feito de ser muller condicionou nalgún momento ou dalgunha maneira a túa actividade?

Eu teño unha nena pequena, certo é que os temas de conciliación sempre son algo complicados, pero teño a sorte de que ao ser un negocio familiar sempre hai algunha forma de facelos mais levadeiros, de calquera maneira penso que a conciliación familiar segue sendo un tema pendente por parte da administración. Por outro lado, o feito de traballar cara ao público trouxo algún que outro cliente subido de tono pero o negocio é meu e contéstolle sen problema, a ninguén lle interesa ter clientes maleducados...

 

- Partimos da premisa de que os produtos que se venden nas prazas de abastos son polo xeral de máxima frescura, cun trato personalizado e en moitas ocasións incluso máis baratos do que podemos atopalos noutros puntos de venda, ainda así, parece evidente que os ferfís de consumidores máis novos non acoden ás prazas. De qué maneira crees que podemos animar as visitas e o consumo da xente máis nova nas Prazas de Abastos?

Quizáis se debería apostar por sumar novos negocios ou servizos fora dos habituais. Tamén penso que se poderían ampliar os horarios, xa que hai xente que a súa xornada laboral non lle permite achegarse pola mañá á praza, os hábitos de vida e consumo vanse modificando e as prazas deberianse adaptar a eles igual que calquera negocio a pe de rúa.

 

 

#historiasdeloitadoras

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
O Ghato Lambón - O Grove

 

O Ghato Lambón
Plaza de abastos, n1
36980 O Grove, Pontevedra

Tlfno: 610 41 84 48
LIGAZÓN FACEBOOK

COMPARTIR