Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

ABANCA e Fepragal renovan o seu traballo conxunto para impulsar o comercio de proximidade

 

ABANCA e Fepragal renovan o seu traballo conxunto para impulsar o comercio de proximidade

 
  • O banco ofrece un catálogo que facilita o acceso ao crédito aos pequenos comercios do sector alimenticio.

  • A entidade financeira e os praceiros e praceiras deseñan alternativas para a mellora da competitividade dos negocios actuais.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


27 de Febreiro de 2023.
ABANCA e a Federación de Empresarios de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal) veñen de renovar, un ano máis, o seu acordo de colaboración. O obxectivo deste novo texto é apoiar a estes negocios de proximidade, presentes na maior parte de vilas e cidades de Galicia, nun momento clave marcado pola situación económica.

No acto de rúbrica, que tivo lugar esta mañá en Vilagarcía de Arousa, participaron o coordinador territorial de Convenios Privados de ABANCA en Pontevedra, José Liñeira, e o presidente de Fepragal, Francisco Paz. Logo da reunión, os representantes das dúas entidades analizaron a situación actual e acordaron manter un contacto estreito para adaptar o texto ás novas necesidades.

A través deste acordo, os praceiros e praceiras adheridos terán acceso a unha serie de vantaxes grazas ao plan de financiamento deseñado conxuntamente por ambas as dúas entidades. No documento detállanse produtos e servizos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos negocios dos asociados. Así, poderán acceder a produtos creados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Para facer fronte ás necesidades máis perentorias e relacionadas co día a día da actividade, o texto recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos asociados e proporcionar solucións ante a crise.

Por último, o novo texto tamén recolle solucións a medida na contratación de TPV, tanto físicos como virtuais. Por último, inclúe as vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais grazas á súa vinculación do banco.

 

COMPARTIR