Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

CONVENIO FEPRAGAL - VITALDENT

CONVENIO FEPRAGAL - VITALDENT
FEPRAGAL e Vitaldent únense para potenciar os hábitos de vida saudables

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

15-01-2019

 

Potenciar os hábitos de vida saudable é un dos piares da filosofía da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, FEPRAGAL. Nesta aposta contan agora cun novo asociado: Vitaldent. Por iso, veñen de asinar un acordo de colaboración con vantaxes e descontos moi importantes para o coidado da saúde bucodental de todos os asociados de FEPRAGAL.

 

O convenio ten unha duración dun ano prorrogable, e beneficia tanto os asociados da Federación como os seus familiares directos. Grazas a este acordo, contarán cunha primeira consulta gratuíta en clínica para valorar o estado de saúde da súa boca. Unha primeira toma de contacto que inclúe a realización dunha ortopantomografía valorada en 120 euros. Tamén terán beneficios noutro tipo de prestacións, como tratamentos de prótesis e implantoloxía.

 

No seu acordo, FEPRAGAL e Vitaldent pensaron tamén nos membros máis pequenos, nos fillos e nos netos dos asociados. Eles poderán beneficiarse de asistencia odontopediátrica e da realización de estudos de ortodoncia, sempre despois da diagnose do especialista.

 

Ademais, Vitaldent colaborará con FEPRAGAL na realización dos numerosos eventos e actividades que se poñen en marcha dende a Federación. Showcookings, Peque-Chef, o concurso fotográfico ‘Quereoteumercado’, visitas de colexios ás prazas de abastos, ou a celebración de datas sinaladas como o Día da Nai, o Día dos Namorados, o Día do Pai... Grazas a este convenio, Vitaldent estará presente en todos eles.

 

En definitiva, con esta colaboración FEPRAGAL atopa en Vitaldent un importante aliado na súa aposta pola saúde, promovendo de xeito conxunto o mantemento dunha dieta equilibrada e uns hábitos e rutina de hixiene oral axeitados.