Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA


RENOVACIÓN CONVENIO ABANCA
FEPRAGAL e ABANCA seguen camiñando xuntos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Federación de Prazas de Abastos de Galicia ven de renovar o seu convenio con Abanca; unha colaboración que nace e se mantén co obxectivo de garantir a maior e mellor cobertura para os socios de Fepragal e para a propia Federación. Así, cuestións como as necesidades de financiamento dos praceiros socios, as facilidades de pago que se poden ofrecer aos clientes, coa implantación xeralizada dos Terminais de Punto de Venda (TPV) ou incluso determinadas pólizas, poden tramitarse de xeito máis rápido, sinxelo e directo, acurtando tempos e facilitando xestións. Por iso, un ano máis Fepragal e Abanca conseguen atopar un punto de encontro, que lles permite establecer un compromiso mutuo que beneficia a ambas partes.