Marta Giráldez, Presidenta da Mancomunidade do Salnés e Javier Paz, Presidente da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, firmaron un convenio para a colaboración entre as dúas entidades. Dito convenio impulsará a visibilización das Prazas de Abastos e a compra local de produtos de calidade, establecendo unha conexión entre a Escola de Hostalaría do Salnés e as Prazas de Abastos, elaborando receitas cos produtos das Prazas que se difundirán a través da web e de recetarios físicos. Nesta firma estiveron acompañados de Ramón García Guinarte, Xerente da Mancomunidade do Salnés, e de Mari Carmen Rodríguez, Xerente de FEPRAGAL.