10-09-2019
Xa temos a resolución do III Concurso Fotográfico "Quere o teu mercado". Nesta edición o primeiro premio recaeu na fotografía de Ana María Muñoz, que realizou unha estupenda instantánea que levou tanto os votos do público como a elección particular do xurado de expertos, o seu agasallo será un iPad Pro. O segundo premio, outorgado mediante elección popular, recaeu en Aida Rado, que será agasaiada con un vale de compra de 200€ a gastar na plataforma de venda online www.plazasabastosgalicia.com.
Parabéns ás gañadoras! En breve publicaremos a data e lugar da entrega de premios.
Grazas a todos e todas por participar, vémonos na seguinte edición do concurso!