Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA


MARISCOS DORI

O produto de sempre do xeito máis innovador

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Reinventarse ou morrer, podería ser o lema de Mariscos Dori. Tras cinco xeracións no mercado, hai dous anos que deron un xiro á súa oferta. Un dos novos produtos é unha mestura de procedementos tradicionais e innovación nos formatos: mariscos cocidos envasados ao baleiro, xa listos para consumir simplemente con abrir un envase. E sen perder calidade. “Para que o produto funcione, hai que manter o sabor, a frescura e a textura”, asegura Ángela Barrán.

Segundo explica, incorporaron este produto á súa oferta tras escoitar as opinións dos clientes. Así tamén lanzaron a outra innovación que foi protagonista do pasado Nadal: o marisco desfaragullado, listo para empregar en salpicóns ou sopas. Non desbotan avanzar nesta liña coa incorporación de máis elaboracións. “Sempre seguindo a liña tradicional”, asegura.

Tamén hai dous anos e gracias a Facebook desenvolveron a venda a diferentes puntos de España, e chegaron a un acordo cunha empresa de transportes que garante que se van cumprir todas as condicións. Unha vez máis, esta opción naceu tras escoitar as demandas da clientela, como tamén o cobro con tarxeta dende o primer euro. “Coa crise, foron os compradores os que nos marcaron o camiño para saír dela”, defende Ángela.

 

Link: https://www.facebook.com/mariscosdory/