Dende FEPRAGAL temos como reto recuperar o esplendor das Prazas de Abastos que, dende as orixes do comercio, constituíron o centro de vida dos pobos, pois era nas Prazas onde se centraba a vida económica e comercial.
Partimos dunha primeira fase na que a través dos servizo dunha empresa especializada se creou a “marca” da FEDERACIÓN DE PROFESIONAIS DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA - FEPRAGAL.
Coa creación da imaxe corporativa da nosa Federación pretendemos:
- Identificarnos, é decir, darnos a coñecer
- Diferenciarnos de outras entidades
- Incentivar a demanda comercial nas prazas de abastos asociadas
- Acadar o recoñecemento do traballo diario que realizan os distintos comerciantes das Prazas de Abastos.
Esta marca da que falamos constitúe o xermen e o espíritu da Federación, e podemos concretalo a través do seguinte slogan:
“A TUA PRAZA DE ABASTOS: ESPAZO DE VIDA”
“MERCA NA TÚA PRAZA”
A través de campañas de televisión e radio, executamos diferentes campañas promocionais facendo chegar ao consumidor final a nosa presenza no mercado. Así mesmo, diferentes actuacións e eventos celebrados en cada unha das prazas de Abastos que conforman a Federación, consiguen que día a día a nosa notoriedade entre os consumidores aumente.