Ingredientes para 6 persoas:
- 500 gr. Arroz gran redondo
- 14 Ameixas
- 3 Nécoras
- San Martiño
- 6 Cigalas
- 1 Cebola fresca
- 1 Dente de allo
- 150 gr. Codium
- Cúrcuma
- Sementes de fiúncho
- 1.200 ml. Auga
- 1 Pemento vermello
- Aceite de oliva
- 1 Kg de mexillóns
Picamos fino a cebola e o allo, cortamos o pemento á xuliana. Poñemos a lume suave unha tixola ancha (válida para forno, importante) cun pouco de aceite e botamos a cebola, o pemento e o allo, cando este último comece a tostarse botamos o arroz e removemos para que se integre ben. Engadimos a auga e deixamos cocer 5 minutos ata que ferva.
Limpamos ben os mexillóns, eliminando as posibles impurezas como barbas e crústaceos adheridos. Poñemos unha pota ao lume cun pouco de auga (máis ou menos o equivalente a un dedo), introducimos os mexillóns. Cando lestes abran a súa cuncha estarán listos. Reservamos.
Coa axuda dun coitelo partimos á metade as nécoras e engadímolas á tixola. Cortamos en pedacitos pequenos o San Martiño e engadímolo, botamos tamén os lagostinos e as ameixas. Deixamos 10 minutos ata que ferva. Prequentamos o forno a 250º por arriba e abaixo.
Engadimos a auga que xerou a cocción dos mexillóns á tixola ata case cubrir os ingredientes e engadimos os mexillóns na súa cuncha. Introducimos a tixola no forno e deixamos que se enforne durante 10 minutos. É importante vixiar para que non se pase o arroz.