Ingredientes para 2 persoas:
- Medio repolo
- Pementa negra
- 1 Ovo
- Fariña de trigo
- 1 Cogombro
- 1 Iogur natural
- Sal
Cortamos á xuliana o medio repolo e engadímolo a unha cacerola ampla, engadimos a esta o ovo e unha cullerada sopeira de fariña de trigo. Salpimentamos e removemos mesturando ben os ingredientes para que se integren.
Cortamos unha sección do cogombro de aproximádamente 4 centímetros. Dela pelamos e reservamos a cortiza verde exterior e picamos finamente o interior.
Nun vaso de batedora poñemos o iogur e o interior do cogombro que picamos no paso anterior.
Poñemos unha tixola ao lume con aceite de oliva. Collemos un pequeno montoncito do revolto coa axuda dunhas pinzas ou enrolándoo cun garfo e botámolo á tixola. Unha vez fritido por ambos os lados extraémoslle o aceite sobrante depositando a chula sobre papel de cociña absorvente.
Empratamos colocando as chulas e servindo un pouco de salsa de iogur sobre elas. Picamos finamente a cortiza exterior do cogombro que previamente habiamos reservado, e esparexémola sobre o prato cun pouco de sal e pementa.