Ingredientes para 2 persoas:
- Costela de porco
- Sal
- Pementa
- Mazás golden
- Allo
- Romero
- Aceite de oliva
Salpimentamos a peza de costela por ambos os lados, colocámola nunha fonte apta para forno xunto cun par de mazás golden.
Prequentamos o forno a 170º.
Machucamos uns allos dándolle un golpe coa parte plana do coitelo e colocámolos sobre a carne.
Collemos unha rama completa de romeu e poñémola sobre a carne.
Regamos a peza con aceite de oliva.
Introducimos a bandexa no forno durante 60 minutos a 170º.
Empratamos.