Ingredientes para 2 persoas:
- 400gr. Peituga de polo
- 3 Allos
- Maionesa
- Aceite de oliva
- Aceite de xirasol
- Sal
- Pementa negra
- Copos de maíz
- 1 Repolo
Empezamos preparando a carne de polo, neste caso servirannos unhas peitugas. Asegurámonos de limpalas ben por se lle quedou algún resto de pel. Cortámolas en cuadradiños do mesmo tamaño, desta maneira cociñaranse á vez.
Laminamos tres de dentes de allo e tostámolos lixeiramente nunha tixola cun fondo de aceite de oliva. Reservamos o aceite.
Nun vaso de batedora trituramos os allos lixeiramente tostados con maionesa e un pouco de aceite de oliva.
Ensartamos os tacos de pito nos paus de espetada e salpimentamos ao gusto. Depositamos cada espetada nun recipiente onde previamente botamos os flocos de millo e, axudándonos coas mans, procuramos que cada espetada quede envolta cos flocos de millo.
Freimos as espetadas nunha tixola con abundante aceite (deben quedar case cubertas polo mesmo).
Unha vez listas, escorremos o aceite sobrante colocándoas sobre papel absorvente ou de cociña.
Para acompañar, cortamos á xuliana medio repolo e o salteamos cun pouco de sal e pementa no aceite onde previamente tostamos os allos.