Ingredientes para 2 persoas:
- 1 Tentáculo de polbo
- 1 Pemento vermello
- Tomate frito
- Tortillas de trigo
- Sal
- Queixo raiado Arzúa-Ulloa
- Rúcula
- Aceite de oliva
Laminamos o tentáculo de polbo con un coitelo ou, como fan as pulpeiras en Galicia, coa axuda dunhas tesoiras.
Cortamos finamente o pemento vermello con cortes transversais.
Dispoñemos as tortillas de trigo sobre unha fonte de forno, o cal prequentamos a 180º.
Cunha culler e un pincel cubrimos a superficie das tortillas con tomate frito, engadimos o polbo e os pementos e introducimos no forno 2 minutos.
Volvémolas a sacar e cubrimos cada unha das tortillas con queixo raiado Arzúa-Ulloa e introducímolas no forno outros 3 minutos. Unha vez que o queixo se derrita retiramos a bandexa do forno.
Incorporamos a rúcula ás tortillas e engadimos un chorriño de aceite de oliva a cada unha.
Para finalizar enrolamos cada unha delas e emplatamos.