Ingredientes para 2 persoas:
- Aceite
- 1 Cebola
- 1 Allo porro
- 1 Pemento vermello
- 1 Dente de allo
- 500 gr. Cabaza
- 200 gr. Bacallau
- Bote de fabas
- 150 gr. alga Codium
Picamos finamente os allos porros, a cebola, o pemento vermello e o allo. Botámolos a unha cacerola na cal puxemos un par de culleradas de aceite de oliva, pochamos.
Pasamos o resultado a un vaso de batedora e trituramos.
Cortamos o bacallau en seccións rectangulares. Limpamos a cabaza e cortámola en dados.
Engadimos a metade do bacallau e a metade da cabaza á cacerola coa salsa de inicio.
Removemos e trituramos coa batedora.
Engadimos a outra metade do bacallau, a cabaza e o bote de fabas á tarteira.
Mentres tanto picamos o codium e engadimos.
Removemos e listo para servir.