Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

SALMONETES COS SEUS FÍGADOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Unha receita sa, moi doada de facer e con moi poucos ingredientes.

 

 

 

Salmonetes cos seus fígados

 

Ingredientes para 3 persoas:

  • 3 Salmonetes
  • 1 Feixe de espárragos
  • 2 Patacas
  • 1 Allo
  • Aceite de oliva
  • Sal

 

Mentres pelamos as patacas poñemos unha pota con auga a ferver, cortamos as patacas en  taquiños para facilitar a cocción e cando ferva a auga botamos as patacas.

Dispoñemos os salmonetes sobre unha táboa de corte, limpámolos e quitámoslles os lombos e os fígados (se non estamos afeitos limpar e cortar peixe podemos pedirlle ao noso peixeiro que o faga). A cada un dos lombos realizámoslle un corte lonxitudinal desde o centro ata un extremo.

Laminamos o allo e o sofreimos nun pouco de aceite de oliva xunto aos fígados dos salmonetes. Escorremos a auga das patacas e engadímolas ao sofrito. Coa axuda dunha espátula ou lingua de gato, machucamos as patacas ata que se desfagan e integren totalmente. Reservamos.

Poñemos unha sarten ao lume e agregamos un chorrillo de aceite de oliva e un pouco de sal. Sempre poñemos os lombos do peixe coa pel cara abaixo. Dámoslles a volta e pasámolos polo outro lado. Ao mesmo tempo introducimos os  espárragagos cortados á metade, baixamos o lume e tapamos para que se cozan e intensifiquen o sabor.

Empratamos dispoñendo un pouco de puré, sobre o que colocamos dous lombos de salmonete, distribuímos os espárragos e coloreamos cun pouco do aceite sobrante do peixe.

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

VÍDEO-RECEITA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

COMPARTE!