Ingredientes para 2 persoas:
- 1 San Martiño de 700 gr.
- 1 Calabacín
- Aceite
- Sal
- Pipas de calabaza
- Huevas de cigala
- Vinagre de mazá
Limpamos a cabaciña e cortámolo en tiras de aproximádamente 1 cm. Poñemos un pouco de aceite de oliva nunha tixola e cando estea quente botamos a cabaciña e o salteamos ata que estea tenro. Reservamos.
Noutra tixola quentamos un pouco de aceite de oliva e pasamos o lombo do peixe, comezando sempre pola parte da pel cara abaixo, unha vez que estea feito reservamos. Na mesma tixola onde pasamos o peixe, freimos a lume medio as pipas de cabaza durante 1 minuto. Retiramos as pipas e reservamos.
Na mesma tixola, aproveitando o aceite restante, vertemos un pequeno chorrito de vinagre de mazá antes de botar as huevas de lagostino, esperamos a que colla temperatura e reservamos.
Empratamos colocando unha cama coas tiras de cabaciña, sobre o dispoñemos o lombo do San Martiño, o cal cubrimos cun par de culleradas de pipas de cabazas e dúas culleradas pequenas de ovas de cigala.