Ingredientes para 2 persoas:
- Lombiños de xurel
- Aceite
- Sal
- Salsa de pemento e tomate
- Te verde e ramiña de romero
- Pipa para afumar
- Acendedor
- Celofán
Cortamos os lombos dos nosos xurelos, eliminamos a pel e as espiñas (se non temos práctica limpando peixe podemos pedirlle ao noso peixeiro que o faga por nós).
Poñemos unha tixola ao lume cun par de culleradas de aceite de oliva e un puñadito de sal. Asamos os lombos por ambos os lados.
Nun prato fondo colocamos un par de culleradas de salsa de pemento e tomate, cubrimos cos lombos de xurelo asados, coroamos cun pouco de leituga. Con celofán cubrimos o noso prato.
Queimamos lixeiramente a poliña de romeu para poder mesturala coa folla de té. Introducimos a mestura na pipa para afumar e acendemos, extraemos o fume resultante e introducímolo no noso prato por un acceso no celofán, unha vez feito selamos de novo o celofán e deixamos que o fume actúe durante 30 segundos.
Empratamos.