Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

PESCADA CON GRELOS E OVAS DE OURIZO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Velaquí un prato que vale tanto para unha ocasión especial como para darnos un homenaxe calquera día da semana, con ingredientes de sobra coñecidos por nós.

 

 

 

 

Ingredientes para 4 persoas:

  • 450gr. de pescada
  • Sal e aceite
  • Auga
  • Ovas de ourizo
  • Nata culinaria
  • 1 Ramillete de codium
  • 200gr. de grelos

 

Limpamos a pescada e seleccionamos catro lombos. Nunha sarten cunha cullerada de aceite de oliva e un chisco de sal marcamos os lombos por ambos os lados. Feito isto, botamos un vasiño de auga na tixola, baixamos o lume a mínimo e tapamos para que se coza durante 5 minutos.

Cortamos bastante o feixe de grelos e os poñémolos a cocer nunha cacerola cun vaso de auga e sal. Unha vez que están cociñados, escorrémolos.

 

Poñemos unha tixola cunha cullerada de aceite de oliva e pasamos lixeiramente os grelos.

 

Para a prebe botamos nunha cacerola as ovas de ourizo, a nata culinaria e o codium. Levamos a ebulición removendo constantemente, apagamos o lume e trituramos coa batedora.

 

Empratamos colocando un feixe de grelos aos que regamos cun par de culleradas xenerosas de prebe e rematamos colocando o lombo de pescada.

 

Bo proveito!

 

 

 

 

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

VÍDEO-RECEITA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

COMPARTE!

 
ENDEREZO
Rúa Jose Salgado, Nº2, entr.
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
EMAIL
info@prazasemercados.gal
TLFN / FAX
+34 669 776 017
 
© PRAZAS E MERCADOS. Federacion de Prazas de Abastos de Galicia